DESFILE DE COMPARSAS

22 de febreiro

Arcade

Horario: Varios (consultar programa)

Público: Xeral (consultar programa)

Prazas: Ata completar aforo

Acceso: De balde.

🎭 O desfile seguirá o mesmo guión o 22 de febreiro, comezará ás 17:30h. con saída dende o cruce do Viso. O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende o cruce do Viso ata o cruce de Cima de Vila.

🎭Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro, que será un ano máis, “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile partirá ás 17:30h. do cruce do Viso con chegada a Talo Río, alí, a partir das 20:00h. terá lugar a lectura do pregón a caro de “Juan de Arcade”, entrega de premios e logo seguirá a festa coa actuación do Trío Armonía.

🎭Un desfile que contará con 15 comparsas, 3 convidadas que serán Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior, Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela. Logo haberá 12 comparsas seleccionadas para desfilar que serán: a Asociación socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín; Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán -Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Luces de Tomiño; Asociación Cultural Trompos Os Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas; Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil de Arbo e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén.