Espectáculo de Talía Teatro – ‘Bicos con lingua’
Sábado 10 maio 2025 ás 20:00 h.
Multiúsos de Arcade
Público: Público xeral (+13 anos)
Prazas: Ata completar aforo.
Acceso: De balde. A recollida de entradas, será o mércores 7 de maio en horario de mañá na Casa do Concello de Soutomaior (9:00 a 14:00h.) e de tarde no Multiúsos (de 19:00 a 21:00h.). Só se poderán recoller 2 entradas máximo por persoa. As sobrantes poderanse recoller no propio día no Multiúsos de 19:00 a 19:30h. Apertura de portas para o espectáculo ás 19:30h
Esta actividade encádrase dentro da campaña ‘Goza do teu punto G, o Galego dáche un punto’, impulsada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Soutomaior (dependente de Alcaldía). Se queredes máis información, pinchade na seguinte ligazón.