Baile +60 anos

0,00

15 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Todos os martes de xullo de 2025. De 9:00 a 10:00 horas.

LUGAR: Talo Río (Arcade)

PÚBLICO: Persoas maiores de 60 anos.

DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).

Sesións de baile adaptadas para persoas maiores, centradas en exercicios suaves con música, que axudan a manter a mobilidade, o equilibrio e a coordinación. O ritmo adaptarase ao grupo, garantindo seguridade e desfrute.

Requisitos: Roupa e calzado deportivo cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Traer auga.

Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber 10 persoas como mínimo anotadas.

De balde.

INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):