
Campamento de surf
70,00€ – 250,50€
Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.
DATA: Do 27 ao 31 de xullo de 2025.
LUGAR: Praia de Razo (Carballo - A Coruña)
PÚBLICO: De 12 a 17 anos.
DEPARTAMENTO: OMIX.
O campamento vai enfocado este ano a descubrir a mellor forma de gozar do surf na praia de Razo situada en Carballo (A Coruña). A escola Art Surf Camp, ofrece clases de surf con monitorado altamente cualificado e a oportunidade de divertirse nunha experiencia única nun ambiente seguro e acolledor.
Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 17 anos ambas incluídas (idades cumpridas no ano en curso). Os grupos organizaranse por idades.
Actividades principal: SURF
Actividades secundarias: veladas, rutas de senderismo e acceso libre controlado ás instalacións e equipamentos da mesma (mesa ping – pong, rampas skate , volei, patinete, material de protección, táboas de equilibrio).
Duración: (5 días/4 pernoctas) de 2025. Incorporación pola mañá e saída o último día despois de xantar.
Lugar: Praia de Razo, Carballo (A Coruña).
Autobuses:
27/07/25
09.00h Saída desde a Casa do Concello (Soutomaior)
09.10h Saída desde o Cruce de Pierres (Arcade)
31/07/25
16:15h Saída de regreso desde Razo.
18:30h Chegada ao Cruce de Pierres (Arcade).
18:35h Chegada á Casa do Concello (Soutomaior).
Prazas: mínimo 30 / máximo 60
Inclúe: manutención, pernocta en habitacións compartidas con baño, actividades, material, persoal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos de ida e volta.
Observacións: realizarase unha reunión previa coas familias e participantes (data pendente de confirmar).
Custe: 70€ empadroados/as; 250,50€ non empadroados/as.
IMPORTANTE
- Solicitude preferente. As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo en conta criterio de Solicitude preferente e os seguintes subcriterios:
Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Para que todos os mozos e mozas teñan polo menos unha opción de campamento nas inscricións haberá que sinalar o campamento preferente (surf ou inglés). A opción seleccionada como preferente será a tida en conta para a adxudicación. No caso de quedar vacantes, unha mesma persoa poderá participar nun segundo campamento si marcou esa segunda opción.
INSCRICIÓNS EN LIÑA ATA O 20 DE XUÑO.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):