Curso de escaparatismo (20h)

Rango de prezos: desde 9,00€ ata 27,00€

9 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: 1, 8,15,22,29 de marzo de 2026 (domingos)

LUGAR: Casa da Cultura Rexina Míguez Noval (Soutomaior)

PÚBLICO: Público + 16 anos. Preferencia establecementos comerciais e de hostalería do Concello de Soutomaior.

DEPARTAMENTO: OMIX

Neste curso, enfocado a promocionar económicamente o comercio local do municipio, imos aprender técnicas máis axeitadas para montar un escaparate, diferenciar tipos de materiais, texturas, composicións e aplicar os elementos indispensables para mellorar e facer atractivo o teu negocio. 

Os contidos do curso están pensados para que o alumnado poidar ambientar escaparates e deseñalos dun xeito creativo pensando en determinadas campañas do ano que son especialmente significativas para presentar dun xeito máis atractivo os produtos que venden e así chegar a un maior número de persoas.

Horario: 10:00h a 14:00h

Prazas: mínimo 10 – máximo 20 prazas.

Custe empadroados/as: 9€

Custe non empadroados/as: 27€

Forma de pago: pago único. Transferencia bancaria unha vez comunicada a admisión no curso.

INSCRICIÓNS EN LIÑA:  ata o mércores 25 de febreiro de 2026 ou ata completar prazas

 

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):