
Curso de Monitor/-a de Tempo Libre Oficial
130,00€ – 212,00€
15 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Do 20 de setembro a 13 de decembro de 2025 (200h parte teórica).
LUGAR: Antiga Escola de Moreira.
PÚBLICO: Público xeral +18 anos. Titulación mínima requerida da ESO ou equivalente.
DEPARTAMENTO: OMIX.
Contidos: Os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en paddle surf, en caiac, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade de xénero, educación para a diversidade, uso responsable de tecnoloxías e formación en necesidades especiais alimentarias. O curso consta de 200 h teórico – prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos.
Datas: Do 20 de setembro a 13 de decembro de 2025 (200h parte teórica).
Horario: Os sábados de 09:00 – 14:00h e de 16:00-21:00h. Domingos de 09:00 a 14:00 h. Horarios da teórica en liña (25h): dáse a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante: 1. Entrega dunha actividade 2. Realización dun test de avaliación de 10 preguntas sobre a materia impartida. 3. Participación na dinámica grupal proposta.
As 150 h prácticas en empresas realizaranse cando se remate a parte téorico-práctica nunha entidade/empresa de tempo libre. Haberá dous anos para facelas.
Lugar actividade: Antiga Escola de Moreira.
Persoas destinatarias: Público xeral
18 anos. Titulación mínima requerida da ESO ou equivalente.
Prazas: mínimo 15/máximo 20 prazas.
Custe empadroados/as: 130€.
Custe NON empadroados/as: 212€.
Forma de pago: pago único. Transferencia bancaria unha vez comunicada a admisión no curso.
IMPORTANTE:
En todos os cursos teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):