
Deporte de aventura e no medio natural – Barranquismo
40,00€ – 50,00€
6 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Domingo, 6 de xullo de 2025. De 10:00 a 13:00 horas.
LUGAR: Melón (Ourense). Punto de encontro, Centro de saúde de Arcade
PÚBLICO: Persoas maiores de 18 anos.
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
O barranquismo, tamen coñecido como descenso de canóns, é unha activadade de aventura que consiste en seguir o curso dun río encaixonado (ou barranco), superando os distintos obstáculos naturais que presenta: tobogáns, saltos, pozas, estreitos e fervenzas. Para iso combínanse diferentes técnicas de natación, escalada e rapel, facendo uso de equipamento específico e sempre baixo a supervisión de persoal técnico cualificado.
Esta actividade desenvólvese en contornas naturais espectaculares, que permiten aos participantes conectar coa natureza e experimentar a emoción do deporte ao aire libre dun xeito seguro e controlado. O nivel de dificultade do barranco está adaptado ás condicións e características do grupo participante, garantindo unha experiencia accesible, segura e divertida.
Non precisa experiencia previa.
IMPRESCINDIBLE SABER NADAR
Actividade impartida por Guías Malouco.
Punto de encontro: Centro de Saúde de Arcade.
Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber un mínimo de 5 persoas anotadas.
Empadroado/as 40€; non empadroados/as 50€.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):