
Deporte de aventura e no medio natural – Bautismo de escalada
30,00€ – 40,00€
7 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Domingo, 13 de xullo de 2025. De 10:00 a 13:30 horas.
LUGAR: Serra do Galiñeiro, Donón (Cangas). Punto de encontro, Centro de saúde de Arcade
PÚBLICO: Persoas maiores de 18 anos.
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
O BAUTISMO DE ESCALADA é unha actividade de iniciación para persoas sen experiencia previa. Realízase nun entorno controlado e baixo supervisión do persoal técnico titulado.
Preténdese que os participantes descubran a escalada dunha forma segura, divertida e progresiva.
Non precisa experiencia previa.
NON TER MEDO AS ALTURAS.
Actividade impartida por Guías Malouco.
Punto de encontro: Centro de Saúde de Arcade.
Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber 6 persoas como mínimo anotadas.
Empadroado/as 30€; non empadroados/as 40€.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):