
Deporte de aventura e no medio natural – Bautismo de vela
0,00€
Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.
DATA: Sábado 19 e domingo 20 de de xullo de 2025.
LUGAR: Club Naútico de Arcade.
PÚBLICO: A partir dos 10 anos.
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
O BAUTISMO DE VELA consiste nun primeiro contacto coa navegación a vela en embarcacións especialmente deseñadas para menores e principiantes.
Realizarase en augas tranquilas, baixo supervisión de persoal técnico titulado, con embarcación de apoio a motor, seguindo estrictas medidas de seguridade.
Non precisa experiencia previa.
Recoméndase saber nadar e non ter medo incapacitante a auga.
Actividade impartida polo Club Naútico de Arcade.
Punto de encontro: Peirao de Arcade.
Grupo 1: 10-17 anos. Sábado ou domingo de 10:30 a 12:00 horas.
Grupo 2: +18 anos. Sábado ou domingo de 12:00 a 13:30 horas.
Para que a actividade se leve a cabo, cada grupo deberá ter un mínimo de 4 persoas anotadas.
De balde.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):