
Deporte de aventura e no medio natural – Pesca
0,00€
4 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Todos os xoves de xullo de 2025. De 20:30 a 22:00 horas.
LUGAR: Xunqueira de Arcade.
PÚBLICO: Público xeral (A rapazada menor de 10 anos deberá estar acompañada dunha persoa adulta).
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
A PESCA con SPINNING é unha modalidade de pesca que consiste en lanzar e recoller artificiales (señuelos) imitando o movemento da presas naturais para atraer peixes depradadores como a robaliza, o lucio, a troita ou o black bass. É unha técnica moi entretida, que se practica tanto en augas doces coma salgadas.
Nesta actividade aprenderánse os fundamentos básicos desta técnica: elección do material axeitado, tipos de señuelos, manexo da cana e do carrete, técnicas de lanzamento e recollida,… pero tamén boas prácticas de respecto ao medio natural e á fauna acuática . Tamén se incidirá noutros aspectos ambientais e ecolóxicos que condicionan o éxito na pesca como é a influencia das mareas, a identificación de zonas propicias segundo o hábitat ou a elección das horas do día para pescar. O enfoque será formativo e recreativo, promovendo a pesca sostible e sen morte, cando sexa posible, así como o coñecemento da normativa básica da pesca deportiva.
Non precisa experiencia previa.
Posibilidade de préstamo de cana.
Actividade impartida por Catro Ventos.
Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber 10 persoas como mínimo anotadas.
De balde.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):