
Deporte de aventura e no medio natural – Rafting
20,00€ – 26,00€
28 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Domingo, 27 de xullo de 2025. De 9:00 a 15:00 horas.
LUGAR: Arbo. O autobús sairá desde o Peirao de Arcade.
PÚBLICO: Público +14 anos (A rapazada menor de idade deberá estar acompañada dunha persoa adulta).
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
O RAFTING é unha actividade deportiva e de aventura que consiste en descender tramos de río con corrente, neste caso, por aguas bravas nun tramo do río Miño de dificultade media/baixa, a bordo dunha balsa pneumática especialmente diseñada para este tipo de contornas. O equipo, formado por varios participantes e guiado por un monitor profesional, debe remar de forma coordinada para superar os rápidos, ondas remuíños e outros obstáculos naturais que presenta o río.
É unha experiencia emocionante e divertida, ideal para promover o traballo en equipo, a coordinación e o contacto coa natureza. O nivel de dificultade do tramo do río está adaptado ás condicións e características do grupo participante, garantindo unha experiencia accesible, segura e divertida.dificultade do tramo do río está adaptado
Non precisa experiencia previa.
IMPRESCINDIBLE SABER NADAR e non ter medo incapacitante a auga.
- Desprazamento en autobús se hai un mínimo de 30 inscricións.
impartida por Arrepións.
Autobús: saída e regreso desde Peirao de Arcade.
Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber 18 persoas anotadas como mínimo.
Empadroados/as 20€; Non empadroados/as: 26€.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):