Deporte de aventura e no medio natural – Safari de snorkel

60,0075,00

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: Domingo, 7 de setemboo de 2025. De 10:00 a 14:15 horas.

LUGAR: Illas Cíes. Punto de encontro: Real Club Náutico de Vigo.

PÚBLICO: Persoas maiores de 18 anos.

DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).

Os safaris de mergullo e snorkel son obradoiros pensados para coñecer as particularidades do medio mariño nas rías galegas e descubrir a vida que se desenvolve ao outro lado da superficie a través de imaxes submarinas e infografías. Deste xeito invitamos a coñecer máis as nosas augas ás persoas participantes e enriquecemos a experiencia do mergullo naquelas que vaian a realizar a inmersión posterior

Non precisa experiencia previa.

IMPRESCINDIBLE SABER NADAR

Actividade impartida por Mergullo Breogán e 13 grados.

Punto de encontro: Real Club Náutico de Vigo.

Para que a actividade se leve a cabo, deberá haber un mínimo de 6 persoas anotadas.

Empadroados/as 60€; Non empadroados/as: 75€.

INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):