Escola Municipal de Debuxo e Pintura 2024-2025
60,00€ – 144,00€
60 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Do 02/10/2024 ao 29/05/2025. Martes ou xoves según idade. Horarios según selección.
LUGAR: Multiúsos de Arcade.
PÚBLICO: De 4 - 17 anos.
DEPARTAMENTO: OMIX (Cultura - Mocidade - Ensino).
Inscricións: ATA CUBRIR PRAZAS.
Prazas: 12 prazas/grupo.
DESCRICIÓN: Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de debuxo artístico e pintura nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo e á súa vez aprendan. Os grupos organízanse por idades orientativasasí como en función de niveis e experiencia.
Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar a partir dos niveis de cada itinerario.
Itinerarios por idades aproximadas:
Itinerario ESPERTANDO A CREATIVIDADE
Idades: 4 a 7 anos.
Horarios: martes de 16:30 a 17:45 h.
Profesora: Andrea Menéndez.
Itinerario INFANTIL 1
Idades: 8 a 11 anos (orientativas).
Horario: martes de 18:00 a 19:15 h.
Profesora: Andrea Menéndez.
Itinerario INFANTIL 2
Idades: 8 a 11 anos (orientativas).
Horario: martes de 19:15 a 20:30 h.
Profesora: Andrea Menéndez.
Itinerario XUVENIL 1
Idades: 12 a 15 anos (orientativas).
Horario: xoves de 16:30 a 18:30 h.
Profesora: Belén Veleiro.
Itinerario XUVENIL 2
Idades: 12 a 17 anos (orientativas).
Horario: xoves de 18:45 a 20:45 h.
Profesora: Belén Veleiro.
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición.
A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas.
Custe empadroados/as: 15€/Bimestre (ou Custe total: 60€).
Custe NON empadroados/as: 36€/Bimestre (ou Custe total: 144€).
Cotas: 4 cotas. Modo de pago: Bimensual.
Bonificacións: Consultar posibles bonificacións.
Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago. Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):