
Espazo Autocoidado: MINDFULLNESS
0,00€
DATA: Do 1o de febreiro ate o 2 de xuño
LUGAR: Centro integrado de Benestar Social (Multiúsos, Arcade)
PÚBLICO: Mulleres
DEPARTAMENTO: CIM
O obradoiro para cultivar a calma, relaxación, autorregulación emocional e amabilidade
Horario: 10:30-12:00h. | Aula superior Edificio Multiusos.
De balde | 12 prazas
CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS AUTOCOIDADO
Terán prioridade na admisión dos obradoiros, as mulleres en situación de especial vulnerabilidade segundo criterios establecidos na orde do Programa de Igualdade e Prevención da
violencia de xénero 2025-2026.
Estas circunstancias pódense acreditar directamente anexando a documentación na solicitude, ou incorporando informe técnico das profesionais do equipo do centro de benestar onde se
xustifique a necesidade ou conveniencia de participación na acción:
- Vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica.
- Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou trata de persoas.
- Inmigrantes, emigrantes retornados ou refuxiados.
- Pertenza a unha minoría étnica.
- Dependente do consumo de substancias tóxicas ou en procesos de rehabilitación.
- Perceptores de rendas de integración, subvencións ou prestacións similares.
- Reclusas ou ex-reclusas.
- De institucións de protección ou reeducación de menores.
- Transexuais ou con conflitos de identidade de xénero.
- Con diversidade funcional ou enfermidade mental.
- Con cargas familiares non compartidas.
- De unidades familiares con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.
- Mulleres embarazadas ou en período de lactación sen apoio familiar ou sen recursos.
- Sen fogar ou que viven en vivendas prexudiciais, ou afectados por un proceso de desafiuzamento.
- Sen titulación ou con titulación baixa.
- INSCRICIÓNS EN LIÑA desde o 12 de xaneiro ás 9:00h ata o 26 de xaneiro ás 14:00h.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):