Espazo Concilia: Campamento de Semana Santa

0,00

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: 30 e 31 de marzo, 1 e 6 de abril.

LUGAR: Edificio Multiúsos de Arcade.

PÚBLICO: Familiar.

DEPARTAMENTO: CIM.

Campamento de Conciliación durante os días 30 e 31 de marzo, 1 e 6 de abril.

Criterios de asiganción de puntos Espazo Concilia: SEMANA SANTA 2026:

  • Prioridade para as persoas EMPADROADAS en Soutomaior ou que acrediten traballar no termo municipal.
  • Asignarase un punto por cada unha das vulnerabilidades acreditadas:
    • Familias monomarentais ou monoparentais.
    • Familias numerosas.
    • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Renda da unidade familiar inferior de 22.500€.
    • Diversidade funcional.
    • Persoas en risco de exclusión social ou emerxencia social.
  • IMPORTANTE: engadir a documentación solicitada se quere ser validada.
  • Ante igualdade de puntuación, a asignación de prazas será por rigurosa orde de de inscrición.

Horarios:

  • 8:00-14:00
  • 9:00-14:00
  • 8:00-15:00
  • 9:00-15:00

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):