
V Feira da Ciencia de Soutomaior – Presentación de proxectos
0,00€
19 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Xoves, 11 de xuño de 2025. Das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:30 ás 19:30 horas.
LUGAR: Multiúsos (Arcade)
PÚBLICO: Alumnado desde 4º de Primaria ata 2º de Bacharelato.
DEPARTAMENTO: OMIX.
Esta feira encádrase no marco do programa Divulgaciencia e ten como obxectivos:
●Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.
●Promover a autonomía e a participación en contextos de Feira apostando por valores colaborativos, de respecto e tolerancia.
●Colaborar a construír un mundo conxugando desenvolvemento, ciencia, solidariedade, dereitos humanos e respecto polo medio ambiente e pola natureza.
●Promover e fomentar a difusión científica e de proxectos STEAM en lingua galega.
PRESENTACIÓN DE PROXECTOS:
Destinatarias/os: alumnado de 4º, 5º e 6º PRIMARIA, de ESO e de BACHARELATO repartidos en zonas:
ZONA A – 4º, 5º E 6º PRIMARIA
ZONA B – 1º e 2º ESO
ZONA C – 3º e 4º ESO
ZONA D – 1º e 2º BAC
Teñen preferencia os centros educativos situados no Concello de Soutomaior.
PREMIOS:
PREMIO RIGOR CIENTÍFICO. 2 Reserva de acceso á Feira de Ciencia de Cambre + 1 bono transporte por valor de 70€ (inclúe aloxamento + manutención alumnado e profesorado).
PREMIO INNOVA. 2 Reserva de acceso á Feira de Ciencias de Cambre + 1 bono transporte por valor de 70€ inclúe aloxamento + manutención alumnado e profesorado).
PREMIO COMUNICA. 2 Bono por valor de 70€ .
PREMIO DIVULGA. 2 Bonos por valor de 70€.
PREMIO REVELACIÓN PRIMARIA. 2 Bono por valor de 50€.
PREMIO REVELACIÓN SECUNDARIA. 2 Bono por valor de 50€.
PREMIO REVELACIÓN BACHARELATO. 2 Bono por valor de 50€.
Diploma de participación para o alumnado participante e centros educativos.
Consulta aquí as Bases completas da V Feira da Ciencia de Soutomaior.
Inscricións en liña desde o 5 de maio ás 09:30h ata o 27 de maio de 2026.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):