Lecer Deportivo: Actividades Lúdico-deportivas

Rango de prezos: desde 10,00€ ata 15,00€

18 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Do 1 ao 25 de xullo de 2026.

LUGAR: Diferentes ubicacions dentro do Concello

PÚBLICO: De 6 a 15 anos.

DEPARTAMENTO: DEPORTES

INSCRICIÓNS: En liña. Do 08 ata o 15 de xuño ou ata esgotar as prazas.

Importante: indicar nas observacions se as persoas participantes sabe ou non nadar.

DESCRIPCIÓN:

Actividades de multideporte e de recreación no tempo libre nas que incluímos ligas deportivas, actividades medio ambientais, de auga, de animación e xogos e moitas máis. Todas elas adecuadas aos grupos de idade e en diferentes instalacións para facilitar a interacción de nenas e nenos.

GRUPOS E NÚMERO DE PRAZAS:

Grupo 1: de 6 a 10 anos: 40 prazas

  • Subgrupo 6-7 anos: 20 prazas (mínimo 15 participantes)
  • Subgrupo 8-10 anos: 20 prazas (mínimo 15 participantes)

Grupo 2: de 11 a 15 anos: 40 prazas (mínimo 20 participantes)

HORARIOS:

*Grupo 1: de 6 a 10 anos. Martes e xoves de 10:30 a 13:00 horas. Mércores de 17:00 a 19:00 horas.

*Grupo 2: de 11 a 15 anos. Luns, mércores e venres de 10:30 a 13:00 horas.

Os horarios poden verse modificados por necesidades loxísticas.

CUSTO DA ACTIVIDADE:

  • Empadroados/as: 10 €
  • Non empadroados/as: 15 €

*Esta actividade non está suxeita a exencións nin bonificacións.

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):