
Monográfico teatral: Improvisación e Clown
0,00€
8 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Venres 18 de setembro de 2026
LUGAR: Carballeira de Candán (en caso de mal tempo Casa da Cultura Rexina Míguéz Doval, Soutomaior)
PÚBLICO: Público xeral +16 anos
DEPARTAMENTO: Cultura
MONOGRÁFICOS TEATRAIS 2026
micro formacións deseñadas para público xeral
Obxectivo: participar nunha experiencia de aprendizaxe de habilidades e técnicas comunicativas a través das artes escénicas.
Contidos: Improvisación. A partir de xogos e exercicios adquiriremos destrezas na técnica da improvisación traballando a escoita grupal, a creatividade, a deshinibición individual e a conciencia corpo-espazo. Clown. Unha introdución á técnica do clown para tomar contacto a partir dunha presentación práctica co fin de desenvolver unha pequena peza de entre 3 e 5 minutos.
Duración: 3h
Imparte: Andrea Castro
De balde. Prazas limitadas (15)
Inscrición en liña desde o 31 de agosto ás 09:30h ata o 16 de setembro de 2026
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):