
Deportes con rede – Padel (menores de idade)
40,00€ – 60,00€
15 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2025, todos os luns e mércores ou martes e xoves. Entre as 9:30 e as 13:30 horas.
LUGAR: Pistas municipais de pádel (Pavillón da Montesiña Alfonso Pazos).
PÚBLICO: Rapazada entre os 6 e os 17 anos.
DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).
Grupos: mínimo 3 participantes – máximo 4
2 horas semanais. O persoal do departamento de deportes porase en contacto coas persoas inscritas para calendarizar as sesións.
Empadroados/as 40€/bimestre; Non empadroados/as: 60€/bimestre.
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):