V Feira da Ciencia de Soutomaior – Visitas guiadas

0,00

9 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Xoves, 11 de xuño de 2026. De 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:00 horas.

LUGAR: Multiúsos (Arcade)

PÚBLICO: Centros educativos, centros e maiores, asociacións.

DEPARTAMENTO: OMIX.

Os proxectos que se expoñen nesta feira están realizados por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria; Secundaria e Bacharelato dos centros situados no municipio e doutros centros escolares inscritos. En cada stand haberá un grupo de alumnado que explicará o seu proxecto ao público visitante co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando co público, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo.

As visitas a Feira poderán ser:

● Visitas libres no horario da Feira sen necesidade de inscribirse de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:00 horas
Visitas guiadas por persoal experto dirixidas a grupos (centros educativos, centros e maiores, asociacións)

Inscricións en liña para as visitas guiadas desde o 5 de maio ás 09:30h ata o 3 de xuño de 2026

Tras recibir o formulario comunicaremos desde a OMIX a confirmación da visita e o horario

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):