Saídas micolóxicas polos montes de Soutomaior. O Mancomún

0,00€

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: Sábado, 14 de novembro de 2026

LUGAR: Punto de encontro Pavillón da Montesiña Alfonso Pazos (Soutomaior)

PÚBLICO: Público xeral - familiar

DEPARTAMENTO: OMIX

Estas saídas micolóxicas son actividades de divulgación. Durante a saída de campo realizaranse explicacións in-situ sobre as especies vexetais e micolóxicas que se atopen durante a ruta e afondarase nas metodoloxías que se empregan para a identificación de cogomelos.

A intención destas saídas é dar a coñecer máis sobre a biodiversidade dos nosos montes. Son un tipo de saídas didácticas nas que non promulgamos a recollida de cogomelos, senón que pretendemos poñer en valor a diversidade micolóxica e botánica que hai na zona de Soutomaior e que serán guiadas por ‘MycoGalicia Plantae’

Ofertamos dous grupos (escoller horario na inscrición):

Grupo 1_11:30h – 13:30h  | Ata completar aforo (30 prazas). 

Grupo 2_16:00h – 18:00h | Ata completar aforo (30 prazas). 


De balde

Inscricións EN LIÑA desde o venres 9 de outubro ás 09:30h ata o mércores 11 de novembro

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadroado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.
* As listas de admisión nas actividades publicaranse no taboleiro de anuncios da web soutomaior.gal  e/ou no seu defecto comunicaranse ás persoas preinscritas.