Como alcalde de Soutomaior douche a benvida á nosa páxina web, un espazo útil e directo no que o conxunto da veciñanza e aquelas persoas que nos visitan poderán atopar toda a información sobre o noso municipio e os servizos que prestamos.

O Concello de Soutomaior ten como obxectivo promover unha administración virtual que axilice os trámites e facilite unha información áxil, completa e renovada sobre as novidades municipais. Queremos que a nosa web sirva de canle de comunicación interactiva e bidireccional a través da cal se poidan amosar e expresar propostas, opinións e dúbidas.

O noso principal obxectivo como Goberno é que todas e todos os veciños do municipio sintan que o Concello é a súa casa, un lugar onde trataremos de dar solución ás súas demandas, un punto de encontro onde facer de Soutomaior unha localidade mellor para vivir, sempre de xeito participativo.

Para isto fanse máis necesarias que nunca todas as canles de comunicación posibles, portais a través dos que dar cumprida conta do noso traballo e trasladar a información de maior utilidade para a veciñanza. O Concello en xeral, e eu como alcalde en particular, queremos escoitarvos.

A nosa páxina web é un nexo máis de unión entre as veciñas e veciños e concello e unha fiestra para aqueles que se queiran achegar a coñecernos. Temos moito que ofrecerlles. Lembrarvos tamén que podedes seguir toda actualidade a través da páxina de Facebook e de Instagram do Concello de Soutomaior.

En definitiva, espero que a nosa renovada web cumpra coa súa función de achegar a todas e a todos o noso Concello, con información actualizada e cun funcionamento eficaz dos servizos que se ofrecen no mesmo.

Benvidos, benvidas, e grazas unha vez máis pola confianza depositada.

Manuel Lourenzo Sobral