TERMOS E CONDICIÓNS DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA OMIX
Todas as persoas que se inscriban nas actividades organizadas pola OMIX deberán de ter en conta as seguintes cláusulas ou normas:
- Cando o número de prazas sexa limitado, cubriranse por rigorosa orde de inscrición. En todas as actividades terán preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Os datos do padrón municipal a efectos de inscricións serán comprobados polo persoal municipal
- As actividades realizaranse si se cobren un mínimo de prazas/grupo. Si non se cubre o mínimo, poderá cancelarse a actividade e comunicarase ás persoas inscritas.
- No caso de tratase de actividades que teña un custe, o pago realizarase unha vez comunicada a aceptación na actividade indicándose o prazo de pago para que a praza quede adxudicada. A partir da aceptación e pago non se devolveran as cotas.
- Cando se fago o pago, especificar actividade e nome e apelidos da persoa que se inscribe. O número de conta para realizar o pago indicarase no momento da admisión polo servizo que organiza a actividade.
- Consultar bonificacións posibles para as actividade, aplicadas soamente ás persoas empadroadas, na web sedelectronica.es no taboleiro de anuncios ou consultar no servizo que organiza a actividade na que se inscribe.