Neste servizo deséñanse as estratexias e prográmanse as accións culturais, de dinamización sociocomunitaria e de participación cidadá.
Os programas municipais encamíñanse a ofrecer unha ampla e variada oferta no eido educativo, cultural e de dinamización do municipio atendendo ás demandas dos centros educativos, do tecido asociativo e da comunidade, en xeral.
ATENCIÓN AO PÚBLICO MOCIDADE, ENSINO E CULTURA
Luns, mércores e xoves de 9:00 a 14:00
Casa do Concello
Alexandre Bóveda, 13 – Soutomaior
986 705 106
omix@soutomaior.gal
ACADÉMICA
A finalidade é prestar apoio ás mozas e mozos para que coñezan o sistema educativo actual, para explorar en que estudios e profesións teñen potencial e resolver dúbidas que xurdan durante o proceso de toma de decisións.
ASOCIACIONISMO E INICIATIVAS XUVENIS
Asesoramento para constituír unha asociación, dinamizar grupos informais, realizar voluntariado.
Acompañamento no proceso de posta en marcha de ideas para o deseño de proxectos de dinamización comunitaria.
INFORMACIÓN XUVENIL
Información sobre convocatorias de premios e concursos, cursos, bolsas, ofertas de emprego, campamentos, actividades lúdicas e culturais, carnés, axudas, servizos de apoio á mocidade, recursos europeos, estatais, autonómicos e locais, etcétera.
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras.
Quen pode facelo? Que vixencia ten?
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive).
Como facelo?
- Cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.
- Impreso de solicitude.
- Pagar por internet (o navegador avísanos de que non é unha conexión segura, se queremos continuar aceptamos). Facemos clic en INICIAR.
- Cumplimentar os datos do formulario.
- Finalmente achegarse a unha oficina expendedora co impreso de solicitude cuberto e asinado e o xustificante de pagamento e o DNI do/a interesado/a (pode facerse o doutra persoa, sempre que se traia a documentación e o DNI desa persoa).
Onde facelo?
O carné xove pódese facer en:
- Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Departamento Territorial de Vigo. Servizo de Xuventude e Voluntariado. Rúa Concepción Arenal, 8-1º andar. 36201 Vigo. - OMIX.