Protección de datos

A protección das persoas físicas en relación co tratamento dos seus datos persoais constitúe un dereito fundamental recoñecido no artigo 18.4 da Constitución española e regulado, fundamentalmente, polo Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e pola restante normativa aplicable.

O Concello de Soutomaior, no exercicio das súas competencias e na prestación dos servizos públicos que ten encomendados, realiza diferentes tratamentos de datos persoais.

O tratamento dos datos persoais realizarase de acordo cos principios e obrigas establecidos na normativa aplicable en materia de protección de datos, adoptando as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco.

Responsable do tratamento

O responsable dos tratamentos realizados polo Concello de Soutomaior é:

Concello de Soutomaior
Dirección: Alexandre Bóveda, 13 • 36691 Soutomaior (Pontevedra)
NIF: P3605300G
Teléfono: 986 705 106
Correo electrónico: oficinas@soutomaior.gal

A información específica relativa a cada tratamento, incluíndo a súa finalidade, base xurídica, categorías de datos persoais e persoas interesadas, destinatarios, prazos de conservación e demais información prevista pola normativa, poderá consultarse no Rexistro de Actividades de Tratamento publicado neste portal.

Finalidade e base xurídica dos tratamentos

O Concello de Soutomaior tratará os datos persoais necesarios para o exercicio das súas competencias e para a prestación dos servizos públicos que lle corresponden.

As finalidades concretas e as bases xurídicas aplicables a cada tratamento serán as que se indiquen no correspondente Rexistro de Actividades de Tratamento e, cando proceda, nas cláusulas informativas específicas dos formularios e procedementos de recollida de datos.

Con carácter xeral, os tratamentos realizados no exercicio das competencias municipais poderán estar amparados, segundo corresponda, no cumprimento dunha obriga legal, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello, así como noutras bases xurídicas previstas no artigo 6 do Regulamento xeral de protección de datos.

O consentimento só constituirá a base xurídica do tratamento cando así corresponda de acordo coa normativa aplicable.

Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que foron recollidos e, posteriormente, durante os prazos establecidos pola normativa aplicable, incluída, cando corresponda, a normativa en materia de arquivo e patrimonio documental, prescrición de responsabilidades e demais obrigas legais de conservación.

Os prazos concretos de conservación poderán consultarse no correspondente Rexistro de Actividades de Tratamento.

Comunicación dos datos

Os datos persoais poderán ser comunicados ou postos á disposición doutras administracións públicas, órganos ou entidades cando así estea previsto pola normativa aplicable ou resulte necesario para o exercicio das competencias públicas e a prestación dos servizos correspondentes.

Así mesmo, poderán producirse comunicacións ou accesos por parte de persoas ou entidades encargadas do tratamento cando sexa necesario para a prestación de determinados servizos ao Concello, de conformidade co establecido no artigo 28 do Regulamento xeral de protección de datos.

En determinados tratamentos poderá existir publicidade dos datos cando esta sexa necesaria para cumprir as obrigas legais de publicidade, transparencia ou publicación dos actos administrativos.

As comunicacións ou destinatarios concretos serán os que correspondan a cada actividade de tratamento e figurarán, cando proceda, no Rexistro de Actividades de Tratamento ou na información específica facilitada no momento da recollida dos datos.

Exercicio dos dereitos

As persoas interesadas poderán exercer, nos termos establecidos na normativa aplicable, os dereitos de:

  • acceso aos seus datos persoais;
  • rectificación dos datos inexactos;
  • supresión dos datos cando proceda;
  • limitación do tratamento;
  • oposición ao tratamento;
  • portabilidade dos datos, cando resulte aplicable;
  • non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, nos termos legalmente establecidos.

A información sobre o exercicio destes dereitos, os medios habilitados e o procedemento aplicable está dispoñible no apartado específico Exercicio de Dereitos en Materia de Protección de Datos Persoais.

As persoas interesadas tamén poderán dirixirse ao Delegado ou Delegada de Protección de Datos do Concello de Soutomaior.

Autoridade de control

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou xudicial, as persoas interesadas teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) cando consideren que o tratamento dos seus datos persoais infrinxe a normativa aplicable.