Persoa Delegada de Protección de Datos de Soutomaior

O Concello de Soutomaior dispón dunha Persoa Delegada de Protección de Datos (DPD), de conformidade co establecido no artigo 37.1.a) do Regulamento xeral de protección de datos e na normativa aplicable.

A Persoa Delegada de Protección de Datos actúa con independencia no exercicio das súas funcións e constitúe o punto de contacto do Concello para as persoas interesadas e para a autoridade de control en materia de protección de datos.

Entre as funcións da Persoa Delegada de Protección de Datos atópanse, entre outras:

  • informar e asesorar o Concello e as persoas empregadas que realicen tratamentos de datos sobre as súas obrigas en materia de protección de datos;
  • supervisar o cumprimento da normativa de protección de datos e das políticas do Concello nesta materia;
  • asesorar sobre as avaliacións de impacto relativas á protección de datos e supervisar a súa aplicación;
  • cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos;
  • actuar como punto de contacto coa autoridade de control para as cuestións relativas ao tratamento de datos;
  • atender as consultas das persoas interesadas relacionadas co tratamento dos seus datos e co exercicio dos seus dereitos.

As persoas interesadas poderán contactar directamente coa Persoa Delegada de Protección de Datos para cuestións relacionadas co tratamento dos seus datos persoais e co exercicio dos seus dereitos.

Contacto coa Persoa Delegada de Protección de Datos

Protección de datos

Responsable do tratamento: Concello de Soutomaior.

Finalidade do tratamento: Tramitar e levar a cabo todas as accións administrativas necesarias derivadas da comunicación co delegado de protección de datos.

Base xurídica do tratamento: Cumprimento dunha obriga legal para o responsable do tratamento, segundo o disposto nos artigos 37 do Regulamento xeral de protección de datos e 34 da Lei orgánica de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Destinatarios dos datos: Non se prevé ningún.

Exercicio de dereitos: Os interesados ​​poden acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, segundo o disposto en Exercicio de Dereitos en Materia de Protección de Datos Persoais.

Contacto do delegado de protección de datos e máis información: Información Xeral sobre Protección de Datos.