
Actividades Deportivas Adultos: PADEL
Rango de prezos: desde 40,00€ ata 60,00€
Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.
DATA: Do 05.10.2026 ao 31.05.2027. De luns a venres as 20:00 h., 21:00 h. ou 22:00 h.
LUGAR: Pista de Padel Cuberta Complexo Deportivo A Montesiña
PÚBLICO: Adultos
DEPARTAMENTO: Concellería de Deportes.
Inscricións:
Ata cubrir prazas
Prazas:
60 prazas (Mín. 3/grupo).
Datas e horarios:
De luns a venres
- 20:00 a 21:00 h.
- 21:00 a 22:00 h.
- 22:00 a 23:00 h.
(á hora de cubrir a inscrición, indicar no apartado OBSERVACIÓNS a dispoñibilidade horaria, xa que se utilizará esta información como referencia para crear grupos o máis homoxéneos posible).
- Posibilidade de grupo pola mañá
Prezos:
- Tarifa bimestral: 40 € empadroados/as.
- Tarifa bimestral: 60 € non empadroados/as.
Pagos:
- Cotas: 4 cotas.
- Modo de pago: Bimestral.
Descrición da actividade:
A actividade está orientada á aprendizaxe das diferentes habilidades técnicas e tácticas do padel adaptandoas ós diferentes niveis de xogo.
Os grupos realizaranse por niveis e sempre quedarán suxeitos a criterios técnicos.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.