- Éxito da XXXVII edición da Festa da Ostra con máis de 35 mil persoas asistentes e máis de 55 mil ostras vendidas ao longo da fin de semana.
- A ostra ao natural e a experiencia Ostrés esgotaron as súas existencias.
7 de abril, Soutomaior. Éxito de participación da XXXVII Festa da Ostra. Adegueiros, ostricultores e empresarios trasladaron ao alcalde a súa satisfacción e agradecemento por unha organización que eles mesmo definiron como “espectacular”.
Unha edición contou cunha carpa poligonal de 12 metros de altura onde a ubicación dos stands da carpa estaban nun lateral deixando o privilexiado fondo da ría de Vigo con vistas das que se podían desfrutar mentres a xente degustaba as ostras e os albariños; nesta edición, un ano máis, contouse cun comedor coidado e unha ambientación adecuada e contouse con copas de viño serigrafiadas que permitiron, de novo nesta edición, que as e os asistentes degustasen e desfrutasen das ostras de Arcade nunhas condicións que nunca antes se viran.
A pesar de que a climatoloxía non acompañou durante algúns momento ao longo da fin de semana, a festa da Ostra, bateu récords de asistencia tanto na noite do sábado como no día grande, o domingo ao mediodía. Unha fin de semana onde se superaron máis de 35 mil asistentes e 55 mil ostras vendidas.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou que “foi unha festa que se realizou co máis grandes dos agarimos para poder ofertar á veciñanza a mellor Festa da Ostra”.
O éxito da Festa da Ostra vese no resultado final, esgotáronse as copas de albariño, as ostras ao natural, a gastro – experiencia OsTres, o viño albariño, na tarde de onte, do domingo, quedaron esgotadas as existencias dos produtos superando as expectativas, e tal e como eles sinalaron, convertendo a 37 edición da Festa da Ostra nunha edición que bateron todos os récords.
Manu Lourenzo quixo unha vez máis agradecer “o traballo inxente de todas as persoas que formaron parte da XXXVII Festa da Ostra, adegueiros, ostricultores, empresarios funcionarios, empresas de montaxe… porque sen eles non sería posible acadar este resultado, é unha sorte formar parte dun equipo no que se traballa cos máis altos niveis de esixencia para mellorar a vida da veciñanza”.
Unha Festa que hoxe baixará o telón da XXXVII edición co día do neno/a a partir das 17:00h. no Peirao de Arcade coa apertura das atraccións a prezos populares.