Antiguo castro, posterior fortaleza de Castrizán (1477), e actual santuario da Virxe de Nosa Señora de A Peneda (mediados século XVII) . Goza dun emprazamento privilexiado, cunhas amplas vistas da ría e dos concellos limítrofes. Do castro apenas quedan restos, e da fortaleza consérvanse parte das murallas defensivas.