O Goberno de Soutomaior anuncia o proxecto de transformación na Avenida Castelao nun corredor verde para o ano 2026.

Soutomaior, 21 de novembro . O alcalde de Soutomaior, Manu Lorenzo, informou nesta xornada desta nova importante para o concello, e explicou que este proxecto de transformación da Avenida Castelao levarase a cabo en dúas fases, a primeira fase será a rotonda no barrio da Feira, a que se licitará no vindeiro 2026. A segunda fase acometerá a transformación da saída norte e da travesía.

O proxecto da rotonda no barrio da Feira está xa en fase de redacción, paso previo imprescindible para a súa licitación e execución. Un proxecto que contén, ademais dunha rotonda para o calmado de tráfico e mellora no fluxo de vehículos que accedan ao núcleo de Arcade, tamén se suma a todo isto, transformar un espazo que actualmente presenta un fondo deterioro e tratamento interurbano nun corredor verde con alumeado, beirarrúas e xardín.

Neste senso, o alcalde, Manu Lourenzo dixo que “estamos vendo como un proxecto que ata o de agora era imposible sae adiante. Levamos dous anos traballando co Ministerio para conseguir que este proxecto saia adiante hoxe celebramos este avance no proxecto e o compromiso de licitación para o ano 2026. Agradecemos o traballo do Goberno e Ministerio, e especialmente, da senadora do BNG, Carme da Silva, pola súa implicación con esta proxecto e co concello de Soutomaior”.

Manu Lourenzo lembrou hoxe os obxectivos deste proxecto: transformar a estrada nunha rúa, pacificación e calmado de tráfico, humanización e sostenibilidade, maior calidade urbana, ambiental e paisaxística, mellorar a coexistencia entre as persoas e os vehículos, integración paisaxística, redución de accidentes, mellorar os tránsito de peregrinos do Camiño de Santiago e conseguir un espazo atractivo para as e os peóns.