Unha convocatoria que se abre co ánimo de recoñecer e poñer en valor todo labor efectivo, iniciativas e proxectos que fomenten e promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o aporte feminista a vida comunitaria do municipio.

Soutomaior, 19 de novembro. Dende a concellería de Igualdade anunciaron nesta xornada que o recoñecemento outorgarase a favor tanto dunha persoa física como dunha institución pública ou privada, en atención aos seguintes criterios de valoración: a contribución á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, as actividades que se desenvolvan preferentemente no termo municipal de Soutomaior, o esforzo persoal ou institucional realizado más aló do estritamente debido, o alcance e repercusión das accións, a participación activa da poboación beneficiaria, a innovación e orixinalidade, o impacto acadado sobre a perspectiva de xénero, as actividades de difusión e comunicación, a labor destacada pola contribución a vida comunitaria e a ruptura de estereotipos sexistas.

O 15 de outubro deste 2025, celebrouse no Centro de Benestar Integrado,  no Multiúsos de Arcade, a 3ª sesión ordinaria do Consello Feminista Municipal do Concello de Soutomaior. Entre outras cousa da orde do día, acordouse con respecto ao 8M do vindeiro 2026, abrir a proposta do recoñecemento municipal Premio “María a das Mil Flores” á cidadanía do Concello en xeral, para que poidan aportar nomeamento de mulleres non coñecidas ou con  menos visibilidade, e ao tempo abrir á participación a todas as persoas que queiran participar, para unha vez teñamos persoa ou colectivo elixido, traballar no tema e darse contido ao 8M, que poida ser a dilección da campaña que se propoña.

As propostas deberán ser presentadas a través do rexistro xeral do Concello e fundamentadas brevemente sobre os méritos expostos, e con anterioridade ao 15 de xaneiro do 2026, data en que será convocada a próxima reunión extraordinaria para a votación e nomeamento da persoa ou colectivo elixido.