Mais de 100 persoas maiores asistiron ao Baile de Nadal que pasada noite de celebrou na Casa do Pobo do Val Sobral, con música, cotillón e chocolate con rosca.
29 de decembro, Soutomaior. As persoas maiores do concello de Soutomaior gozaron na pasada noite do seu baile de Nadal organizado polo Concello de Soutomaior na casa do pobo do Val-Sobral.
Foi o Dúo Visión o encargado de poñer o toque musical a esta cita, e tamén os artífices de que todas e todos os movesen o esquelete dende as 18:00 ata as 20:45h.
Unha cita onde non faltaron o temas como “Chacacha del tren” do Consorcio, o Solo te pido de Manolo Escobar, Cada día máis linda de Pimpinela ou o famoso Cavalinho de Pedro Sampaio. Todo, na compañía de cotillón e dun rico chocolate acompañado de rosca e doces de Nadal. As e as persoas que o desexaron tiveron a súa disposición o servizo de autobuses dende Arcade e dende os diferentes barrios de Soutomaior, co fin de que todas e todos desfrutasen deste Baile con comodidade e sen necesidade de levar o seu coche particular.
Foi unha das grandes citas do noso Nadal, na que participaron máis de 100 maiores de 55 anos, unha cita, predecesora dun gran día, o 31 de decembro, que o concello de Soutomaior se prepara para despedir o año cunha programación por todo o alto na súa Carpa de Nadal instalada en Talo Río.
Deste xeito, ás 17:30h. chegará o espectáculo para público infantil prebadaladas “A bailar para rematar o ano” de Amimart.
E xa a partir das 00:30h. para darlle a benvida ao 2026 dende o concello teñen preparada unha Gran Festa de Fin de Ano. A partir das 00:30h. serán o TRÍO TIC-TAC os encargados de darlle o toque musical a esta noite tan especial, ás 02:15h será o turno de LA YAYA DJ e ás 4:15h chegará o reto musical con moitas sorpresas. Unha FESTA, de balde , que contará cunha carpa climatizada, roupeiro, cotillón, baile, retos musicais e moitas sorpresas.



