Artellando: Banco do Tempo Cultural
Inicio da actividade: 01-11-2022.
Fin da actividade: 31-12-2024.
Destinatarios/as: 12 e máis anos.
Público dirixido: Público xeral.
Acceso: De balde.
Lugar da actividade: Online.
Inscricións de forma continuada.
DESCARGAS: 22 Artellando (Programa e Bases)
DESCRICIÓN
Neste bando o que se “presta” e se “recibe” é tempo adicado ás personas. Neste caso no eido da cultura.
Baséase na confianza, no intercambio solidario e altruísta para o restablecemento do tecido social e cultural, superando o individualismo e a desconfianza para volver á comunidade. Non se trata dunha rede directa de intercambio entre dúas persoas, senón dunha rede comunitaria na que cada persoa ofrece e demanda unha actividade e na que se adquire un compromiso para dar e recibir co fin de formar grupos con intereses afíns.
As actividades serán voluntarias e non terán remuneración nin cotas . Compartimos unha habilidade, coñecemento ou interese (música, lectura, idiomas, informática, manualidades, historia, paseos, etc.). Se queres compartir e participar, rexistra a túa proposta!.
PARTCIPANTES: Calquera persoa que queira compartir o seu tempo e proposta. PROPOSTAS: Musicais, creativas, artísticas,…