ARTELLANDO, SOUTOMAIOR IMPULSA A CULTURA

ARTELLANDO: Banco do Tempo Cultural

ARTELLANDO: Rexistro de Artistas Locais

PUBLICIDADE DO PROGRAMA

As Bases do programa e das correspondentes liñas de acción serán publicadas na web soutomaior.gal para a súa difusión e publicidade.

As actividades do banco do tempo, o calendario de exposicións e obradoiros, así como o catálogo de artistas tamén se consultará a través da web anterior.

Todas as actividades difundiranse a través das redes sociais do Concello e a través do servizo de WhatsApp da Axenda Municipal.

VALORACIÓN DE PROPOSTAS PRESENTADAS

O Concello de Soutomaior valorará a través do servizo da OMIX as propostas presentadas tendo en conta criterios de viabilidade acordes á filosofía do programa e das bases de cada liña de acción.

PRIVACIDADE DE DATOS

Os servizos prestados a través deste Programa están dirixidos a todas as persoas que presenten as características nel expostas.

No caso de menores de 18 anos, requirirase que a solicitude sexa asinada por unha persoa maior de idade (pai/nai/titor/titora).

Ao cumprimentar o formulario de solicitudes, a persoa interesada comprométese a facilitar datos reais e autoriza o tratamento automatizado dos datos persoais que voluntariamente subministraron, e que son necesarios para a prestación do servizo. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados ás bases da datos de cuxo ficheiro será responsable o Concello de Soutomaior.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nas liñas deste Programa supón a aceptación das bases así como de calquera outra norma que sexa estipulada polo Concello para o bo funcionamento do Programa Artellando.