Un proxecto que contará cun investimento de 1 millón 200 mil euros, esta actuación será financiada con fondos do Plan Extraordinario da Deputación Provincial, dotado de 700 mil euros (o convenio asinado nesta xornada), e tamén con fondos propios do concello de Soutomaior.
7 de maio. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asinaron esta mañá o convenio para a transformación do núcleo urbano de Arcade, para a praza de Talo Río.
Unha actuación, de 1,2 millóns de euros que será financiada a través do Plan Extraordinario da Deputación Provincial, dotado de 700 mil euros, e tamén estará financiada con fondos propios do concello de Soutomaior.
O alcalde Manu Lourenzo quixo agradecer “que a Deputación Provincial entendese este proxecto presentado polo concello como unha actuación estratéxica que vai a supoñer un antes e un despois no núcleo urbano de Arcade”. Lourenzo lembrou que “está primeira actuación non implicará cambios no actual sistema de tráfico de Arcade, se ben deixará o núcleo urbano preparado para cubrir as necesidades e futuras reordenacións en mobilidade que se poidan producir debido ás obras da nacional 550”
Lourenzo sinalou que “esta obra tamén vai a resolver problemas que creo transcenden ao propio ámbito do municipio en relación ao gran problema de separativas de pluviais e fecais que estaban supoñendo importantísimos verquidos á ría e que imos a sanear grazas a esta actuación”.
Con este proxecto o centro urbano de Arcade, a praza de Talo Río, pasará a ser un espazo máis amable, transitable e pensado para as persoas. Unhas obras que van a contribuír e a dinamizar o núcleo urbano de Arcade en todo o que é a vida e que tamén conseguirán transformar a mobilidade no concello de Soutomaior.
Lourenzo concluíu que “o núcleo urbano de Arcade é un proxecto estratéxico, alédanos que tamén así o entendese a Deputación, obtendo este proxecto unha boa puntuación, e, dende logo creo que, todo o que teña que ver entre acordos entre institucións reverte en beneficio de toda a cidadanía e iso está por enriba de calquera lexítima diferencia política”.