Este mercado desenvolveuse ata ás 20:00h. do domingo na praza de Talo Río.  Pola tarde, a Charanga ‘CANTOS SOMOS’ , encheu de divertimento e son este Mercado.

18 de maio. A concelleira de Hostalería, Comercio e Promoción Económica, Rosana Comesaña, inaugurou nesta xornada o I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Primavera 2025 que organiza o Concello de Soutomaior. Este mercado nace coa intención de ofrecer un escaparate ás persoas e comercios para que poidan amosar os seus produtos e aumentar as súas ventas. Ten como fin dinamizar o sector económico e á vez crear ambiente de barrio, de rúa, propiciando un espazo de encontro entre a veciñanza e as persoas visitantes, para desfrutar dunha xornada de lecer e coñecer todos os recursos cos que conta o concello.

Un Mercado que conta con 28 postos con produtos moi diversos: roupa e complementos, artesanía, libros, vinilos,  artigos de casa e decoración, xoias enseres domésticos,  xoguetes, aparatos electrónicos e mel. Un mercado que tamén potencia a economía circular e á SOSTIBILIDADE social e medioambiental ofrecendo produtos doutras tempadas que poden ser unha oportunidade.

Unha iniciativa que pon en marcha medidas a prol do respecto polo medio ambiente, a sostibilidade e a aposta polos produtos de proximidade. A concelleira Rosana Comesaña destacou nesta xornada que “a dinamización comunitaria é un alicerce fundamental para a construción dunha cidadanía máis comprometida cos grandes retos da Axenda 2030 e para a Axenda Urbana de Soutomaior”.

Nesta tarde poderase desfrutar deste mercado ata ás 20:00h. na praza de Talo Río, ademais para dinamizar máis esta cita, en horario de 17:00 a 19:00h., contará coa actuación da charanga “Cantos Somos”.