Esta edición contou con máis de medio centenar de participantes entre os expositores, centros escolares, comercio e hostalería.

3 de febreiro. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, e a concelleira de Turismo, Cultura e Memoria, Silvia Cernadas clausuraron na pasada noite a XXIII edición do Certame da Camelia.

Unha edición moi especial, de volta á orixe, que se desenvolveu na Casa do Pobo do Val Sobral, onde tivo lugar a entrega de premios e o concerto da Coral Polifónica de Soutomaior.

Un Certame que contou con premios económicos en todas as categorías, (centros educativos, comercio e hostalería e a exposición no Val – Sobral) e que tamén contou co premio especial Lelita Gradín, este ano,  como novidade, para este premio tamén se implicou a artesanía local cunha peza deseñada por León Lagata. Outro dos premios que tamén se outorgaron nesta XXIII edición é o premio á inclusividade.

Así deste xeito, a concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, fixo entrega dos premios aos mellores esparatares que recaeron: 5º premio:  COSTUREIRAS; 4º premio: MODA INFANTIL RAPACES; 3º premio: RESTAURANTE MUXICA; 2º premio: NEUMÁTICOS ARCADE e 1º premio: PEÑA DE FRANCIA.

A concelleira de Cultura, Turismo e Memoria, Silvia Cernadas fixo entrega dos galardóns na modalidade de expositores así e deste modo o  5º premio:  ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSITICA DAS MULLERES DO RURAL DE SOUTOMAIOR; 4º premio:  ALBA ROMERO MAESTU; 3º premio: OLALLA CASTRILLO SÁNCHEZ; 2º premio: EVA MARTÍNEZ SEOANE  e 1º premio:  ASOCIACIÓN VECIÑAL SAN BENITO DE ROMARIZ.

Foi o alcalde, Manu Lourenzo, o encargado de facer entrega dos premios nos Centros Escolares, 3º premio: ESCOLA EDUCACIÓN INFANTIL DE ROMARIZ; 2º premio: COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL e 1º premio: CEIP MANUEL PADÍN TRUITUEIRO. E tamén Manu Lourenzo fixo entrega o premios á inclusión ao Centro de día BOAS APERTAS, e o premio especial “Lelita Gradín” que o levou ELENA VARCÁRCEL BAQUEIRO.

A concelleira Silvia Cernadas dixo que se tratou dunha “edición moi especial onde decidimos voltar onde todo comezou hai 22 anos na casa do Pobo do Val – Sobral e quixemos facer unha edición co espírito co que naceu o Certame da Camelia que foi a implicación veciñal, do comercio e hostalería local, complementándoa cunha serie de actividades paralelas en torno ao mundo da Camelia”.

Pola súa banda Rosana Comesaña agradeceu “a colaboración do comercio e hostalería pola súa implicación e traballo nesta edición da Camelia, eles fan posible que o ambiente se viva durante días no concello, e incluso os máis fans desta flor realizan rutas e visitas aos escaparates que locen os comercios e cafeterías e restaurantes durante estes días de celebración”.

O alcalde, Manu Lourenzo, amosouse satisfeito co resultado final desta edición da Camelia “un ano máis o noso concello convértese nun punto de referencia grazas a esta flor tan nosa, unha flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo. Unha flor que convida ao noso concello a todas aquelas persoas que sente curiosidade pola camelia ou que queren estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas”.

Accións incluídas neste Certame da Camelia 2025: Exposición de flores e composicións de Camelia que se realizaron nos centros educativos do municipio, nos escaparates dos comercios e establecementos e na Casa do Pobo do Val-Sobral; actividades complementarias de dinamización entre as que destacamos unha sesión de contacontos centrada na camelia, a realización dun mural creativo- colectivo “Camelias artísticas”, actividade de relaxación con aceite de Camelia ou o concerto da Coral de Soutomaior que onte clausurou este Certame.