Artista autodidacta, a temática xeralmente é sobor do noso rural, as veces como denuncia do abandono, estes traballos son xeralmente a tinta ou lápiz. En 1998, cedo por primera vez un traballo, o desaparecido periódico Mercavedra de Pontevedra. En 1999, participo por primera vez na “Mostra de Artistas da Bisbarra”, continuando en todas as edicións.

A primera exposición individual en 2000, no desaparecido “Eido da Civila” de Arcade, e a partires de ahí participo en moitas de exposicións tanto individuais como en grupo, en diversos concellos do entorno e de outras provincias.

Algúns dos meus traballos forman parte de ilustración de libros, como o “Carballo de Santa Margarida”, ” O Carballo do Pelete” , O Carballo e a Sus Historia”, “Hablazme Piedras”, “A Roda”, e no documental sobor das parroquias de Canicouva e Pontesampaio. A última participación foi co grupo Galeoska no 2022, no “Certamen da Camelia” no Castelo de Soutomaior.

Información adicional
  • Nome: Manuel Boullosa Bóveda.
  • Contacto: PARA CONTACTAR CON ESTE ARTISTA ENVÍA UN CORREO A omix@soutomaior.gal