Noctámbulas é un programa de lecer e tempo libre xuvenil cunha proposta de actividades que serán de balde e se desenvolverán en fins de semana, os venres e sábados. Poderás participar como asistente a actividades ou como monitor/a presentando unha proposta.
Posibles horarios:
- Sábado: 20:00 a 01:00 h.
* Publicaremos o calendario con actividades, días, horas e lugares con antelación.
Desenvolveranse cada ano en diferentes espazos socio-culturais e deportivos do Municipio de Soutomaior.
IMPORTANTE: Le atentamente as indicacións de cada actividade. Nalgúnhas é posible que teñas que reservar praza e noutras terás indicacións sobre o que precisas para a actividade.
As actividades desenvolveranse en espazos saudables.
Terán un carácter educativo, participativo, inclusivo, igualitario e diverso, para todos os gustos.
Nacerán das propostas realizadas pola xente nova a través da Caixa de Suxestións que atoparedes en diferentes puntos:
Biblioteca Municipal.
Centros educativos.
Pavillón da Montesiña “Alfonso Pazos”.
Presentando a túa proposta de actividade a través da inscrición en liña na que terás que cumprimentar unha serie de datos:
Título.
Breve descrición.
Obxectivos.
Duración da actividade/nº horas.
Número máximo de persoas destinatarias.
Necesidades técnicas e recursos materiais.
Datos completos de quen factura.
Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta (IVE e/ou IRPF).
Outras consideracións a ter en conta.
* Posibilidade de achegar documentación.
* As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única preferentemente.
* Se hai moita demanda poderán facerse grupos ou repetirse noutros días.