- Unha cabalgata que repartirá máis de 400 kilos de caramelos sen gluten e que contará cun percorrido silencioso para as persoas con diversidade funcional (entre o Calvario e o Cruce de Pierres).
- Unha cabalgata na que as Súas Maxestade Reais virán acompañadas por unha carruaxe de fantasía animada polas famosísimas K-pop, nun desfile cheo de ilusión, música, cor e moitas personaxes de fantasía e animación sen que falten os coches clásicos 600.
2 de xaneiro, Soutomaior. Todo listo en Soutomaior para vivir un dos días máis máxicos do ano, o 5 de xaneiro. O día comezará ben cedo na casa da Cultura Rexina Míguez Noval cos Contos Reais ás 10:30h e a recepción das Súas Maxestades os Magos de Oriente de 11:00 a 11:30h no mesmo espazo.
Trala recepción as Súas Maxestades comezarán o percorrido polos barrios de Soutomaior, así e deste xeito, estarán en 11.40h ROMARIZ (Campo de San Benito); 12.00h COMBOA (Veiguiña Longa); 12:30H ARANZA (O Cotiño); 12:45h CORTELLAS (O Eirado); 13:15h MOREIRA (O Souto); 13:30h LOURIDO (Chan da Moreira); 13.45h VAL SOBRAL (Praza); 14:00h RIAL (Igrexa do Divino Salvador) e rematarán ás 14:15h en ALXÁN (Escola Obradoiro). Importante sinalar que os horarios son orientativos poden sufrir pequenos retrasos polo tempo de duración das visitas.
Xa pola tarde, a cabalgata sairá ás 17:30h. do cruce do Viso seguindo por – Xosé Solla – Rosalía de Castro – Talo Río (Fin). A cabalgata contará un ano máis cun tramo silencioso para que todas e todos os veciños poidan desfrutar da mesma en igualdade. O tramo silencioso será desde o inicio ata antes do Cruce da Praza de Cima de Vila de Arcade, ademais a cabalgata tamén contará co préstamo de auriculares e as persoas con diversidade non terán que facer colas para a Recepción Real en Talo Río contará cun acceso prioritario para elas e eles.
Este ano Soutomaior contará cunha cabalgata na que as Súas Maxestade Reais virán acompañadas por unha carruaxe de fantasía animada polas k_pop, animacións doces con galletas de xenxibre, ninfas que acompañarán as súas Maxestades Reais durante un desfile cheo de ilusión música, cor e moitas personaxes de fantasía e animación sen que falten os coches clásicos 600… Unha Cabalgata durante a que se repartirán máis de 400 kg de caramelos sen glute.
A Cabalgata rematará, en torno ás 18:45 na Carpa de Nadal en Talo Río con música e coa gran Recepción Real, a partir das 19.15h., para que as nenas e os nenos poidan conversar cos Reis e facerse fotos coas personaxes do desfile.
Dende o concello convidan a toda a veciñanza a participar e formar parte de todas as actividades que terán lugar neste día máxico, no luns 5 de xaneiro.
Operativo especial de tráfico
O plan de tráfico especial vixente durante o transcurso do paso da mesma. A Cabalgata de Reis comezará ás 17:30h. , polo que os cortes de circulación estarán vixentes como tarde a partir das 17:15h.
Os vehículos non poderán estacionar na Avenida Xosé Solla (dende o cruce de Cochón ata Abanca) desde o mesmo día da Cabalgata de Reis ás 14:00 h.
Todo o tráfico que acceda desde a N-550 ata Rosalía de Castro será desviado pola rúa da Coutada ata a rúa Roxelio Landeiro. Desde alí os vehículos poderán dirixirse en dirección Ponte Sampaio ou circular cara a Soutomaior pola rúa do Conde (habilitada de dobre sentido só durante a Cabalgata).
Dende o concello agardan que toda a veciñanza desfrute en familia e con responsabilidade da Cabalgata de Reis.



