A reunión cos centros escolares e as ANPAs tivo como fin favorecer as potencialidades creativas, experimentais e participativas, desde a infancia e mocidade; traballando para garantir a súa autonomía plena, desenvolvendo accións que protexan os seus dereitos e ofrezan igualdade de oportunidades.

7 de febreiro. Esta mañá o salón de plenos do concello acolleu a reunión que Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, e a técnica de Educación, Sonia Pintos, mantiveron coa comunidade educativa do concello. Unha cita na que estiveron convidados e convidadas representantes da Galiña Azul, da EEI de Romariz, do CEIP Manuel Padín Truiteiro, do Colexio Santiago Apóstol, do IES Soutomaior e tamén das ANPAS rexistradas no concello que son a do Padín, do IES e do Santiago Apóstol. O obxectivo e finalidade deste encontro é o de presentar o programa Municipal de Ensino, no que se leva traballando neste curso, dende o mes de setembro, para definir as liñas estratéxicas do programa. A idea é reunir a todas as partes do tecido e poidan aportar medidas ás propostas, algunhas delas xa pechadas con cada de maneira individualizada en función das súas necesidades.

O programa recolle todos os sentires, inquedanzas de cada centro de maneira individualizada e por iso esta mesa ten como fin reunir a todas as partes que están traballando no programa co fin de representar a unidade do traballo de todos os sectores, centros e ANPAS, a prol do ensino. Se presentan as liñas do Programa Municipal de Ensino, unhas liñas onde por primeira vez se firma convenio coas ANPAS para que poidan ter marxe de facer programas ou actividades que beneficien a comunidade educativa, así e deste xeito, se articula unha liña se subvencións deseñada para as ANPAS para que eles teñen a liberdade de poder programar e presentar dita programación ao concello iso non quita que o concello tamén terá actividades relacionadas coas ANPAS onde as ANPAS terán moita voz.

Unha mesa se convoca que ten finalidade poñer sobre a mesa todo o que se está facendo non soamente na área de actividade senon tamén en infraestruturas, e conservación e mantementos dos centros, tamén na parte de intervención socio educativa fora do horario lectivo que ten que ver co reforzo educativo, liña de hábitos saudables que ten que ver coa saúde e o autocoidade, aprendizaxe socioemocional que ten que ver co autocoidado, discurso do odio que este ano esta liña é novidosa é a idea é crea material para reforzar o traballo que se fai coa mocidade e logo está a liña explora, promove, educa que ten que ver con diferentes áreas de traballo onde se busca un papel protagonista tamén nas actividades do concello tales como o Certame da Camelia, o Entruido, o programa de normalización de escénicas e música, nas letras galegas e normalización da lingua, en orientación profesional, no Medio rural e ecoloxía, en Divulgaciencia e nas escola de familias outra das novidades deste ano.

A vindiera semana chegará ao CEIP Manuel Padín Truiteiro , ao IES Soutomaior e ao Colexio Santiago Apóstol o noso Entruido da man do antropólogo Rafael Quitía. E o vindeiro venres as escénicas do programa Goza do teu punto G tamén farán parada nos centros educativos coa visita da música e tradición de Tino Baz. A finalidade desta mesa e unir esforzos para coñecer de primeira man as necesitades e inquedanzas das comunidade educativa nestes intres e tamén buscar a súa implicación coa actividade e proxectos a levar a cabo dende o concello de Soutomaior.