Esta iniciativa será aprobada o venres no pleno ordinario e traerá consigo unha modificación das ordenanzas fiscais reguladoras do imposto sobre bens inmobles, do imposto sobre actividades económicas e, de ser o caso, do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Soutomaior, 23 de setembro. O pleno ordinario que o concello de Soutomaior celebrará este venres 26 de setembro, levará na súa orde do día a adhesión do concello de Soutomaior a Concello Emprendedor de Galicia o que conlevará unha modificación das ordenanzas fiscais reguladoras do imposto sobre bens inmobles, do imposto sobre actividades económicas e, de ser o caso, do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Estas bonificacións estableceranse en función de parámetros de creación de novos postos de traballo. A porcentaxe da cota a bonificar deberá determinarse en función dos novos postos de traballo creados, respectando os seguintes tramos:
– Polo menos o 90 % pola creación de máis de 20 postos de traballo.
– Polo menos o 75 % pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
– Polo menos o 50 % pola creación de ata 10 postos de traballo.
As medidas referidas aos impostos de devindicación periódica deberán manterse, para os contribuíntes, polo menos para os tres exercicios orzamentarios completos seguintes a aquel no que teña lugar o feito impoñible.
Con esta adhesión á concello emprendedor o alcalde dixo nesta xornada que “Soutomaior está dando un paso imporante na creación de empresas e temos como horizonte a elaboración do ecoparque e o que queremos é que as empresas atopen en Soutomaior o lugar amigo para desenvolver a súa actividade económica e dinamizar o municipio” .