O Concello de Soutomaior conta con dúas praias na Ría de Vigo completemente equipadas e accesibles, a Praia de A Muxeira ou peirao e a contigua Praia de Matilde. As dúas praias están comunidadas por un paseo marítimo que chega ata a ponte medieval de Ponte Sampaio.

Tamén conta cunha praia fluvial no  río Verdugo, a Praia de Sameán con área de lecer, e zonas de baño ao longo do río: Candán, Comboa e Aranza.

O Clube naútico de Arcade ten as súas instalacións a carón da praia de O Peirao, e  acceso directo ao peirao pesqueiro e deportivo.