Campamento de inmersión na natureza (Valverde, Cáceres)

Rango de prezos: desde 50,00€ ata 145,00€

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: Do 12 ao 15 de xullo de 2026.

LUGAR: Camping Valverde Natural (Valverde del Fresno, Cáceres).

PÚBLICO: De 12 a 17 anos ambas incluídas (idades cumpridas no ano en curso). 

DEPARTAMENTO: OMIX.

Os contidos serán natureza, deportes, cultura, equipo e convivencia.

Actividades: Senderismo nocturno · Carreiras de orientación con sinais · Tiro con arco e xogos xigantes · Tiro de carabina e xogos populares · Iniciación aos deportes de equipo e alternativos · Xogos de equilibrio · Taller de globoflexia e maquillaxe · Acrosport · Tirolina · Piragüismo e xogos de piscina · Escalada · Taller de coreografías · Pulseiras e maquillaxe · Iniciación á monta a cabalo · Cama elástica e taller de circo · Xincana urbana · Xogos nocturnos · Actividades de gran grupo · Festa fin de actividade con Karaoke

Duración: (4 días/3 pernoctas) de 2026. Incorporación pola mañá e saída o último día antes de xantar.

Lugar: Camping Valverde Natural (Valverde del Fresno, Cáceres)

Horarios de autobús: comunicaranse unha vez confirmada a praza.

Prazas: mínimo 25/máximo 50

Inclúe: manutención, pernocta en albergue, actividades, material, persoal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos.

Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes previamente.

Custe: 50€ empadroados/as; 145€ non empadroados/as.

Criterios de admisión:

As prazas cubriranse por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior, e aplicando os seguintes subcriterios:

Solicitude preferente

E, importante, para que todos os mozos e mozas teñan polo menos unha opción de campamento que nas inscricións se sinale o campamento preferente (inmersión na natureza en Valverde ou surf en Razo).

A opción seleccionada como preferente será a tida en conta para a adxudicación. No caso de quedar vacantes, unha mesma persoa poderá participar nun segundo campamento sempre e cando se marcase na solicitude esa segunda opción.

  • Si algunha persoa necesita adaptación ou apoio específico debe indicalo na inscrición co fin de planificar os apoios persoais necesarios.
  • A comunicación de admisión publicarase na web municipal e realizarase complementariamente por teléfono.
  • Nas actividades con custe os pagos realizaranse tras a comunicación da admisión. Consultar as posibles bonificacións.
  • Cando remate o prazo de inscrición o Concello porase en contacto coas persoas participantes admitidas para comunicar a obtención de praza. A partir desta data si as persoas teñen que presentar documentación para a actividade na que están inscritas terán que facelo nun prazo de 5 días para entregala POR INSTANCIA NO REXISTRO DE ENTRADA OU NA SEDE ELECTRÓNICA.

INSCRICIÓNS EN LIÑA desde o  8 de xuño de 2026 ás 09:30h ata o 15 de xuño de 2026

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):