CORPOS LIBRES, MIRADAS DIVERSAS

0,00€

13 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Luns 23 e 30 de novembro, 14 e 21 decembro

LUGAR: Centro integrado de Benestar Social (Multiúsos, Arcade)

PÚBLICO: Maiores 16 anos

DEPARTAMENTO: CIM

Cantas veces nos miramos ao espello pensando no que nos gustaría cambiar e non vemos todo o bonito que temos? Que pasaría se comezáramos a mirarnos con máis agarimo e menos esixencias?

Convidámoste a compartir un espazo entre mulleres no que, a través do xogo, a creatividade e actividades artísticas, poderemos coñecernos mellor, compartir experiencias, cuestionar os ideais de beleza e descubrir outras formas de relacionarnos máis amables cos nosos corpos.

Un tempo para nós, para conectar, desfrutar e aprender a mirarnos con outros ollos. Porque todos os corpos merecen ser vividos con liberdade e respecto💜

 

Horario: 17:00 A 20:300 | Aula grande do Multiúsos
De balde | 20 prazas

INSCRICIÓNS EN LIÑA desde o 12 de novembro ás 9:30h ata o 20 de novembro ás 13:30h.

 

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadroado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.
* As listas de admisión nas actividades publicaranse no taboleiro de anuncios da web soutomaior.gal  e/ou no seu defecto comunicaranse ás persoas preinscritas.