
Curso de integración lingüística
0,00€
2 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Mércores (marzo, abril, maio, xuño, setembro, outubro, novembro 2026)
LUGAR: Antiga Escola da Oliveira (Arcade)
PÚBLICO: Mulleres árabes residentes no Concello de Soutomaior cun nivel de competencia lingüística (galego - castelán) básico +16 anos
DEPARTAMENTO: Benestar Social
Neste curso o obxectivo é facilitar que ás mulleres árabe- falantes melloren as súas competencias lingüísticas en galego – castelán para facilitar a súa completa integración na cultura local do Concello de Soutomaior.
As clases comezarán o mércores 11 de marzo de 2026.
Horario: 10:00h – 12:00h
Prazas: mínimo 12 – máximo 15 prazas.
De balde
INSCRICIÓNS EN LIÑA: ata 9 de marzo de 2026 ou ata completar prazas
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.