Deportes con rede: Pádel (maiores de idade)

Rango de prezos: desde 40,00€ ata 60,00€

12 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Xullo e Agosto

LUGAR: Pistas municipais de pádel (Complexo Deportivo da Montesiña).

PÚBLICO: Persoas maiores de 18 anos.

DEPARTAMENTO: DEPORTES

INSCRICIÓNS: En liña. Do 08 ata o 15 de xuño ou ata esgotar as prazas.

IMPORTANTE: no apartado de observacions deberá especificar a disponibilidade horaria.

DESCRIPCIÓN:

Actividade deportiva onde, por grupos, aprenderán as diferentes técnicas e tácticas deste deporte con implementos.

A actividade é de 1 hora semanal.

O persoal do departamento de deportes porase en contacto coas persoas inscritas para calendarizar as sesións.

DATAS e HORARIOS:

* De luns a venres (excepto os xoves) entre as 19:00 e as 23:00 horas (mínimo 3 /máximo 4 por grupo).

CUSTO DA ACTIVIDADE:

  • Empadroados/as: 40 €
  • Non empadroados/as: 60 €

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):