Deportes con rede – Voleibol

0,00

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: 9, 16, 23 e 30 de xullo de 2025.

LUGAR: Área recreativa do Peirao de Arcade.

PÚBLICO: Persoas maiores de 14 anos.

DEPARTAMENTO: Pavillón (Deportes).

Deporte colectivo que se xoga entre dous equipos separados por unha rede, co obxectivo de facer pasar o balón ao campo contrario por riba da rede e evitar que toque o chan no propio. A versión plantexada é a recreativa na que se adaptará ao nivel do grupo priorizando o xogo limpo, a participación e a diversión.

Requisitos: Roupa e calzado deportivo cómodo. Traer auga.

20 prazas por grupo. Para que a actividade se leve a cabo, cada grupo debe ter un mínimo de 8 persoas anotadas.

Grupo 1: de 14 a 17 anos (20:00-21:00)

Grupo 2: +18 anos (21:00-22:00)

De balde.

INSCRICIÓNS EN LIÑA: ATA O 20 DE XUÑO DE 2025

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):