
Escape room ‘A pócema do Samaín’
0,00€
45 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Venres, 30 de outubro de 2026. Horario de 17:00 A 20:00h. Consultar pases.
LUGAR: Praza de Abastos de Arcade
PÚBLICO: Público infantil - farmiliar + 4 anos
DEPARTAMENTO: OMIX
Esta actividade vari dirixida e está deseñada para público infantil – xuvenil. Nela as persoas participantes van ter que superar unha serie de retos e acertixos da noite de ánimas e defuntos/as. Empregarán as súas habilidades para resolver como conseguir fuxir!
PASES_
Pase 1_ 17:00h a 17:20h
Pase 2_ 17:20 a 17:40h
Pase 3_ 17:40 a 18:00h
Pase 4_ 18:00 a 18:20h
Pase 5_ 18:20 a 18:40h
Pase 6_ 18:40h a 19:00h
Pase 7_ 19:00 a 19:20h
Pase 8_ 19:20 a 19:40h
Pase 9_ 19:40 a 20:00h
Inscrición en liña desde o 15 de outubro ás 09:30h ata o 28 de outubro de 2026
De balde | Prazas: 90 en total (10 en cada pase)
IMPORTANTE: inscríbense os datos das persoas menores que van a participar. O nome e apelidos da persoas acompañantes teñen que indicalo na inscrición (só no caso de menores de 4 anos, o resto entran sós/soas). En cada pase soamente poderán entrar dúas persoas adultas acompañantes de menores de 8 anos (acordarase alí mesmo no momento da entrada na sala que persoas entran). Teñen preferencia na actividade as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.