
Escola Municipal de Debuxo e Pintura 2026-2027
Rango de prezos: desde 60,00€ ata 144,00€
6 prazas dispoñibles.
DATA: Desde outubro de 2026 ata maio de 2027 (consultar grupos por idades)
LUGAR: Casa da Cultura de Soutomaior “Rexina Míguez Noval”.
PÚBLICO: Desde 4 anos en diante (consultar grupos por idades)
DEPARTAMENTO: OMIX (Cultura - Mocidade - Ensino).
Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de debuxo artístico e pintura nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo e á súa vez aprendan. Os grupos organízanse por idades orientativasasí como en función de niveis e experiencia.
Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar a partir dos niveis de cada itinerario.
Itinerarios por idades aproximadas:
Itinerario ESPERTANDO A CREATIVIDADE. Idades: 4 a 7 anos. Horario: martes de 16:30 a 17:45 h. . Profesora: Andrea Menéndez
Itinerario INFANTIL 1. Idades: 8 a 11 anos (orientativas). Horario: martes de 17:45 a 19:00 h. Profesora: Andrea Menéndez.
Itinerario PERSOAS ADULTAS. Idades: +18 anos. Horario: martes de 19:00 a 21:00 h. Profesora: Andrea Menéndez.
Prazas: 12/grupo. A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas.
Custe: 60€ empadroados-as; 144€ non empadroados-as (pago fraccionado: empadroados-as 15 €/ bimensual: non empadroados 36€/bimensual). OLLO! Non faga o pago ata que se lle confirme a praza.
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición.
INSCRICIÓNS EN LIÑA ata completar prazas en cada itinerario.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.